Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/03/11

Árbore poética

Hoxe é o Día da árbore e tamén é o Día da Poesía, de aí o nome do post. Imposible atender a tanta efeméride, polo que xuntándoas podemos acudir ao poema "O carballo" de Gonzalo López Abente, un poema que lembra no noso centro que hoxe é este día xunto ao bosque que chantamos no chan:







Non esquezades ler o artigo de Bragado sobre o Día Mundial da Poesía.

Para Poesía, Poesía, dade unha volta polos blogues das Bibliotecas Escolares: atoparedes de todo.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Moitas grazas por lembrar esta data cun poema de López Abente. A recén creada Fundación, da que fago parte, tamén o lembrou coa lectura pública dos seus versos e da súa autopoética o pasado sábado en Muxía, cando celebramos por anticipado o Día da Poesía.
Apertas, Miro Villar.

Ronsel dixo...

Pois aledámonos de tan fermosa coincidencia!
Unha aperta chea de poesía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.