Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/03/11

Como todo lo que nace



Outro álbum ilustrado para abordar o tema da morte: Como todo lo que nace é de Elisabeth Brami con ilustracións de Tom Schamp, publicado por Kókinos. Curiosamente, chama a atención o xeito de explicalo neste caso: é inevitable que todo o que nace morra. Tanto sexa no mundo animal coma no vexetal: por iso a morte é un proceso natural que todos debemos admitir a ao que non debemos temer. As imaxes son visualmente moi chamativas, de cores moi vivas, e en todas elas hai unha especie de interrogante que a modo de director de orquestra dirixe todas as páxinas do libro cunha mesma fin, e iso que o espírito da creación, da vida, está presente xunto coa morte en todo momento.



Como la manzana encarnada y brillante

que, poco a poco, se arruga hasta pudrirse.

Como la flor perfumada que al atardecer inclina la cabeza

y, uno a uno, deja caer sus pétalos.

Como la hoja verde que, en otoño, enrojece,

se arremolina con el viento

y luego cruje bajo nuestros pasos.

Como el pájaro que trinas,

salta y revolotea,

y un día encontramos

tendido junto al camino.

Como la trucha de escamas plateadas

que ayer nadaba en el agua clara

y que hoy permanece inmóvil

en el mostrador de la pescadería.

Como la hormiguita que corría

hacendosa a su trabajo

y que un dedo travieso

acaba de aplastar.

Como el conejillo que se frotaba

con gracia los bigotes

y que no hemos podido curar

de su terrible enfermedad.

Como todo lo que nace,

como todo lo que está vivo...

…un día también a nosotros se nos acabará el tiempo

y ya no estaremos aquí.

¿Y qué pasará entonces? ¿Qué habrá después?


Eso, nadie en el mundo lo puede saber.


9 comentarios:

Anónimo dixo...

Mágoa que Kókinos fose tragada, ou dvorada ou deixouse comer pola xigante Planeta e perderá esa auténticidade que tan ben levaba

yoli dixo...

Este libro é moi bo para explicarlles aos nenos pequenos como é a morte, e que todo o que nace morre

carmen dixo...

Este libro é bo para dicirlles aos nenos que todo ten un principio e un final

vanesa dixo...

Este libro gustoume porque ademais de ser entretido, é unha boa forma de aprenderlle aos nenos que ademais de nacer tamén temos que morrer.

Cris dixo...

Gustoume bastante, porque é unha boa forma de explicarlles aos nenos que pasa cando alguén morre.

Noemí dixo...

Este libro estivo ben,é unha boa forma de explicarlles aos nenos que as cousas que nacen antes ou despois morren.

martin dixo...

Este libro é ideal para axudar a pais, avós, etc como esplicar que todo canto nace morre, e que a vida antes ou despois se ten que acabar

ivan dixo...

Este conto estivo ben porque é unha boa forma de explicarlles aos nenos que todo se acaba.

rafa dixo...

Este libro estivo ben porque ten razón de que todo o que nace morre

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.