Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/03/11

El libro de los conejitas suicidas



O primeiro que chama a atención deste libro é o título, desde logo: El libro de los conejitas suicidas. Pero, claro, cando o abres e ves que realmente o autor amósanos algo tan incrible como que os coellos buscan unha e mil formas de se suicidar, xa non podes parar... de miralo, de rir, de ser sádico... Xa o di a portada "Es un libro hilarante y aconejante"; e si que o é.
O autor deste incrible libro é Andy Riley e está publicado por Astiberri. Pero non vos chamedes a engano: non é un cómic. É unha tolemia. Iso si, sen sangue. E sen palabras. Traballo non vos vai custar lelo, dende logo. Pode converterse nun bo agasallo para alguén que necesite rir, alguén que estea estresado, alguén que procure un anaco de tempo fóra deste mundo... a pesar de que o tema é a morte, non é unha morte tan real como para que a poidas tomar en serio. Máis ben ao contrario.
Así que xa sabes. Que necesitas un libro para rir? Douche a solución.




2 comentarios:

biblosvivos@gmail.com dixo...

Hai segunda parte, "El regreso de los conejitos suicidas" e están moi ben os dous :)

Ronsel dixo...

Moitas grazas, creo que o vira por algún sitio, pero como aínda tiña pendente o primeiro...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.