Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/03/11

El Rey Pájaro y otros esbozos

Se digo tan só Shaun Tan, non credes que é suficiente?
Se logo engado Barbara Fiore editora, non estades xa na libraría?



Si: El Rey Pájaro y otros esbozos é o último álbum de Shaun Tan que vén de publicar Barbara Fiore. Pero ollo! non vos chamedes a engano: non ides atopar o típico álbum ilustrado; non. Este libro é unha recreación dos seus traballos; un fermoso libro que desexaredes contemplar de cando en vez, abrir algunha das súas páxinas ao chou para alucinar cos seus debuxos e bocetos. Un universo que quereremos descubrir e compartir.
Unha pasada.

2 comentarios:

Cristina dixo...

Tamén o lin xa... Tan, tan bonito...E tan ben editado... Barbara Fiore e inimitable...

Ronsel dixo...

Non sei se inimitable... entre todas vanme arruinar completamente!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.