Un deses libros que desexas ter (que hai que ter) nos andeis da túa casa para ir de cando en vez ollalo, recrearse nas súas ilustracións e descubrir un novo lugar que seica estivo aí aínda que xa non o poidamos ver. Así é esta Guía ilustrada da Galicia Invisible que nos propón Antonio Reigosa con fantásticas ilustracións de Noemí López publicado por Xerais. Non, non quero lelo decontado, quero demorarme nel, pechalo e volve máis tarde, mentres o meu espírito tamén se asolaga por causa de conxuros e meigas, de mouros e santos; quero converterme en páxina non escrita e percorrer esta parte da nosa terra que ninguén coñece, quero ir paseniño por estas ruelas e castros mentres descubro a beleza de lugares eternamente intanxibles. Conxurada a maxia da literatura, da imaxe, da palabra, deixémonos levar da man por esa Galicia invisible que latexa dentro de nós porque forma parte da nosa historia e só temos que pechar os ollos, abrilos e franquear eses muros que non sempre son infranqueables: outras terras nos agardan.
Mercádeo e gozade: é deses libros que nos fan emitir un suspiro emocionado cada vez que o miramos.
Mercádeo e gozade: é deses libros que nos fan emitir un suspiro emocionado cada vez que o miramos.
Sen comentarios
Publicar un comentario