Decidimos dende a Biblioteca unir ambas celebracións este mes: se o 8 de marzo é o Día da Muller Traballadora e este ano é o Ano da Química, nós propoñemos un percorrido polas Mulleres Químicas Premios Nobel, ademais dun achegamento á poesía de María Cegarra, primeira muller perito químico de España que instalou o seu propio laboratorio de análise de minerais. Por que María Cegarra? A escolla veu propiciada pola homenaxe que lle rendemos a Miguel Hernández co motivo do seu centenario: Miguel e María foron amigos e el adicoulle a ela algúns poemas. Teñamos en conta que María Cegarra non só era química senón que era poeta: os seus poemas químicos serven para encher os nosos corredores de fórmulas poético-químicas.
Como colofón, acudiu ao centro a ex-alumna Adriana Arca, enxeñeira química e investigadora da USC, que nos ofreceu unha amena charla que incluía a enerxía nuclear, tan no punto de mira arestora. Unha conferencia que resultou moi didáctica para todo o alumnado de Ciencias.
Como colofón, acudiu ao centro a ex-alumna Adriana Arca, enxeñeira química e investigadora da USC, que nos ofreceu unha amena charla que incluía a enerxía nuclear, tan no punto de mira arestora. Unha conferencia que resultou moi didáctica para todo o alumnado de Ciencias.
9 comentarios:
esta charla estivo moi ben e foi moi interesante
A charla foi interesante pero algo aburridiña.
A charla estivo ben,o seu traballo pareceume moi interesante e aprendemos moito sobre ese tema.
A charla estivo moi ben,traballou para a nosa exposición, caeume moi ben Adriana
Parecéme que esta rapaza ten moito mérito non só por facer unha carreira tan complicada ou por estar a facer un máster sobre esta materia, senón por sacar tempo para vir ao istituto voluntariamente e sen esperar nada a cambio
esta charla estivo moi entretida
estivo moi ben a charla nótase que estudou en forcarei
A charla estivo moi ben, foi moi amena e sendo ela de Forcarei inda máis jaja. Foi moi interesante e sobre todo pos que estudammos ciencias que estamos dando parte do que ela explicou.
A charla estivo moi ben , a min gustoume moito e penso que o seu traballo é moi interesante . Deberiamos de ter máis charlas coma esta .
Publicar un comentario