Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/03/11

Pantalóns asasinos

A moda da roupa vaqueira desgastada está a custar centos de vidas e miles de enfermos en países como Bangladesh, China, Pakistán ou a India, onde se elabora a maior parte desta indumentaria que chega a Europa.
A aperencia de desgaste conséguese na maioría dos casos mediante a perigosa técnica do 'sandblasting', consistente en aplicar un chorro de auga e area sobre a tea vaqueira. Este método, prohibido en Europa en 1966, xera unha nube de sílice que envelena os pulmóns dos traballadores.
A silicose é unha enfermidade profesional ocasionada pola sílice da area, moi coñecida na minería, pero aínda non recoñecida dentro da industria téxtil. Os mineiros tardan 20 anos en presentar esta enfermidade; os traballadores do 'sandblasting', porén, caen enfermos en só 6 meses. Por iso, a campaña 'No sandblasting', de Ropa Limpia, cre urxente que a OMS e a OIT inclúan o sector téxtil no seu Programa Internacional sobre a Eliminación da Silicose Mundial (se premedes na segunda ligazón poderedes asinar)




Existen outras técnicas para desgastar vaqueiros que non ameazan a saúde das perosas que os producen, pero coma sempre, a razón é económica: son máis caras.

Vía El ventano.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.