Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/03/11

A sesta dos Enormes


A verdade é que este álbum foi un dos que máis me gustou das últimas novidades de OQO, xunto con "O tren", claro. Encantáronme as ilustracións, tan cheas, a historia, a súa fantasía e a tenrura que desprende. A sesta dos Enormes con texto de Pep Bruno e ilustracións de Natalie Pudalov recórdanos a importancia da hora de conto para durmir os nenos. Varias historias dentro dunha historia magnífica que calquera pode contar, porque para iso está a maxinación, non? Para iso... e para protagonizar os propios fillos o conto, que mellor!
Precioso. A profusidade das ilustracións, os pequenos detalles, o colorido, a imaxinación e mesmo o surrealismo que despregan faranvos comprobar que iredes máis dunha vez a contemplalas.

9 comentarios:

brais dixo...

o libro está ben, é moi divertido

ivan dixo...

estivo ben, os rapaces eran moi curiosos e preguntábanlle ao seu pai

martin dixo...

Este libro gustoume porque dentro del encerra varios contos divertidos

Cris dixo...

Este libro é moi cuco,gustoume moito.É precioso!

rafa dixo...

pois gustoume porque o pai tiña moita imaxinación

yoli dixo...

gustoume moito o libro, os contos eran ben bonitos.

carmen dixo...

este libro está ben pero é algo raro

vanesa dixo...

Este libro gustoume, aínda que non tanto coma os demais.

Noemí dixo...

Este libro é moi divertido, gustoume moito.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.