Cheíño, cheíño está este conto, certo é, de lobos. Lobos grandes e lobos pequenos, lobos durmidos e lobos espertos, lobos xigantes e lobos ananos... Un conto cheo de lobos de Roberto Aliaga e Roger Olmos, publicado por OQO, é un divertido conto sobre un manda de lobos que, máis ca nada, ten fame. Pero por moita fame que se teña, ante todo hai que ser "persoas" e non comer a calquera, así que a intelixencia é máis poderosa e podemos saltar de páxinas.
Divertido texto que solicita a intervención do lector atento á paxinación cunhas ilustracións cheas de ritmo, frescura e cor, tal como nos ten acostumad@s Roger Olmos. Atent@s, pequen@s lectores, aquí están reunidos os lobos de todos os contos... e ademais... abúrrense!; agardan a que os chamemos.

10 comentarios:
Este libro pareceume algo parbo
Este é un conto moi sinpático e divertido
este conto estivo moi ben e foi moi divertido,a min gustoume.
Este conto gustoume, é moi simpático.
moi divertido o lobo papón; o resto tamén me gustou
é un conto moi divertido e cun final incrible
Este libro está moi ben , é moi peculiar e divertido.
é un libro moi simpático e moi divertido
é un libro moi simpático e moi divertido
Este libro é moi chulo, gustoume moito cando o lobo papón comeu o número 3 para salvar a nena.
Publicar un comentario