Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/04/11

Día do libro





"Defender los derechos de los libros es defender la libertad del ciudadano" di Vargas Llosa. Hoxe é o Día do Libro; eses libros que "nos fan libres mentres poidamos elixilos". Sábado, vacacións de Semana Santa... acudide ás librarías e mercade, lembrade que é o mellor xeito de viaxar.
Por suposto, as bibliotecas escolares (podedes ir aos Planetakis para velas todas) prestan atención a este día, que para nós é unha ponte para o Día das Letras, unindo normalmente ambas celebracións. Se paseades polos blogues, veredes como en cada centro se conmemora este día de diversos xeitos.
No IES de Louro, por exemplo, fixeron unha lectura continuada de poesía, así como apadriñamento lector. No IES Xoán Montes, todos len. No IES Fernando Esquío lémbrannos Por que é importante ler, ademais de nos agasallar cunha selección de Forges. Na Biblio Fernando Blanco ofrecen unha presentación sobre a Historia do Libro. O CEIP Frian de Teis lembra este día irmanándose coa agrupación ARCE. O CEIP Andrade de Pontedeume lembra o marcapáxinas de Carlos Negro. O CEP dr. Fleming elabora un cuestionario. Vaidelibros repasa as vilas do libro. Biblosvivos repasa a evolución do libro. No BlogFesquío tedes un fermoso vídeo en inglés. O outeiro de Matilda ten este precioso post para este día. A biblioteca do CEIP A Magdalena propón varias actividades. A Biblio do Chouzo lembra a lenda de San Xurxo e o dragón. En Bibliocabe carteis que promocionan a lectura realizados polo alumnado. E a Biblio Olhos Grandes lémbranos como levar a poesía na pel.
O blogue de normalización Cando o mar peta na porta propón este Glogster con libros en galego.
O Rato Mik xuntou varios cartaces de promoción da lectura:



Así que, lembrade, "o teu mundo será tan rico como o sexan as túas palabras":



E agora gozade coas ilustracións que o sempre fermoso blogue Pinzellades al món nos ofrece sobre o libro (premede na ligazón, hai moitas máis):









En Ler para Crer tedes unha oportuna selección poética. O poema de Edith Chacon Theodoro é o que vos seleccionamos:

Ler
Ler sempre.
Ler muito.
Ler “quase tudo”.
Ler com os olhos, os ouvidos, com o tacto, pelos poros e demais sentidos.
Ler com razão e sensibilidade.
Ler desejos, o tempo, o som do silêncio e do vento.
Ler imagens, paisagens, viagens.
Ler verdades e mentiras.
Ler o fracasso, o sucesso, o ilegível, o impensável, as entrelinhas.
Ler na escola, em casa, no campo, na estrada, em qualquer lugar.
Ler a vida e a morte.
Saber ser leitor, tendo o direito de saber ler.
Ler simplesmente ler.

Reflexión interesante: Libros para onde?. Tamén podedes achegarvos a estoutra: Devoción pola lectura e contestar as preguntas que alí se formulan. Lembrade tamén o artigo de Bragado e as interesantes propostas que dende Espazo Lectura fan aos políticos de Gondomar.

E retomando a nosa teima en contra dos exames, lembrade que "a lectura non é unha tortura".

5 comentarios:

Montse dixo...

Feliç dia del llibre!
Ronsel, lectora incansable, bloggera il.lusionada, companya virtual sempre present...

És una delícia saber que hi ets.

Una dolça aperta.

Ronsel dixo...

Jo, Montse, acábasme de emocionar. E a estas horas! Poderei ir a Lleida alún día a te coñecer???? Un bico moi especial, querida compañeira sempre presente...

Paz dixo...

Grazas por incluír as nosas actividades neste blog de referencia para as bibliotecas.

IES Ribeira do Louro. O Porriño

Ronsel dixo...

Grazas a ti, Paz, por traballar tanto e tan ben.

paideleo dixo...

Encantoume o vídeo da tía Etelvina e a mensaxe que leva.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.