Remato coas novidades de Edelvives (cando menos as que me chegaron) con estoutro libro de Taï-Marc Le Thanh ilustrado por, incrible! Rébecca Dautremer!!! Teño que recoñecer a miña sorpresa absoluta cando o descubrín, porque aquí afástase do tipo de ilustracións aos que nos ten acostumad@s, seica é a "primeira" Rebecca. De aí que, para min, o máis fermoso do álbum sexan precisamente as ilustracións, que enchen o papel, que nos abraian, mentres o texto permite que a imaxinación dos nenos voe por riba das nosas cabezas agardando por suposto un final común: a tranquilidade da volta dos pais.
Un álbum sorprendentemente encantador.
Un álbum sorprendentemente encantador.
2 comentarios:
Que cambiazo non?
Iso chámase evolucionar... ou madurar, non sei, pero é estupenda igualmente
Publicar un comentario