Encantoume Leonora de Elena Poniatowska, biografía novelada de Leonora Carrington, artista surrealista inglesa afincada en México, publicada por Seix Barral, e que foi o Premio Biblioteca Breve 2011.
Desfilan polas súas páxinas datos históricos, xeográficos, biográficos, numerosos nomes de artistas e escritores importantes do século XX. En realidade, ás veces semella case unha lección de historia, ou de arte, que non se fai en absoluto pesada, posto que a vida que aquí se nos describe é tan apaixoante que cada detalle engadido, veña ou non ao caso, fainos tentar reter nas nosas memorias a información á que estamos accedendo. Unha vida de loucura, paixón, éxtase, amor, pintura, literatura... que se retrata como unha homenaxe a toda ela en conxunto, ao seu desafío ás convencións, ao seu desafío á tolemia e á guerra. A súa vida foi unha loita constante contra unha sociedade que non a entendía e unha busca da liberdade de expresión artística: Leonora Carrington é o expoñente femininto da pintura surrealista a carón de Salvador Dalí, Marcel Duchamp, Joan Miró, André Breton, Pablo Picasso, Max Ernst...
A autora combina a narración xornalística, a obxectividade dos feitos, coa súa propia relación coa pintora, é dicir, coa subxectividade do contado, o que converte o libro nun vaivén destes dous mundos que provoca que a lectura sexa máis emotiva e sensible, que atrape o lector neses recovecos da alma humana e dun ser diferente do que queremos saber máis.
En palabras da autora: “Yo escribo como Dios me da a entender, hago como puedo, en el aire las compongo. En el libro incluí muchas cosas que ella me contó (…) [Todos los libros de Carrington] se relacionan con ella”.
E seguimos coas súas palabras:
"Ante todo, Leonora es una novela. No es ni una crítica de la pintura de Leonora Carrington, ni una biografía. Es una obra basada en conversaciones que sostuvimos durante múltiples entrevistas, en los libros de la propia Leonora y en los que se han escrito sobre ella..."
"Leonora no es sólo un acto de amor sino también un homenaje a la vida y a la obra de esta mujer que ha hechizado a México con sus colores, sus palabras, sus delirios, sus arranques, sus historias. Trajo a nuestro país todos los recuerdos de sus vidas anteriores, todos los paisajes, los caminos bajo las acacias, todas las verduras que en México no se comían como los salsifis, las envidias, las alcachofas..."

6 comentarios:
Creo que me gustará lelo: esa mestura de realidade e ficción, de subxectividade con obxectividade paréceme do máis atractiva. Paréceme un gran invento. Porque ¿que é a realidade máis que ficción? como diría o clásico.
Desta volta estaremos totalmente de acordo, entón. Que alegría!!!
¡Non te fíes, non te fíes!
¿Coñeces o concepto de Interxubxectividade que se inventaron para salvar a dicotomía entre Obxectividade e Subxectividade no eido da metododoloxía nas ciencias sociais?
NPI. A miña cultura non é tan ampla como a túa...
¡Que se lle vai facer! Iso que ti les arreo...
Sinto non estar á altura...
Publicar un comentario