A última novela de Philip Roth, publicada por Mondadori, Némesis, volve a agasallarnos coas mellores letras deste autor: unha reflexión sobre o sentimento de culpabilidade levado ata as últimas consecuencias. Un libro baseado nun feito real, a epidemia de polio do verán de 1944 en Newark, que relata con crueza como esta terrible enfermidade vai cobrando vítimas inocentes entre a infancia dun barrio xudeu, o que provocará terribles escenas de ira, desconcerto, dor e mutilación; todo isto envolto nunha atmosfera de fatalidade da que o protagonista non poderá fuxir. O autor explora con este personaxe, como adoita suceder, a tristura, a traxedia, a miseria do ser humano e a busca da súa redención: a batalla continua entre dar o mellor dun mesmo e a busca da felicidade, se é que esta é posible.
Deus. A súa culpabilidade. A súa existencia. Logo, o individuo. A súa conciencia. A súa responsabilidade. Sobre estes termos constrúe Roth unha novela duramente densa, que nos conmove. Porque as atribulacións de Cantor poden ser as de calquera ser humano, a súa conciencia culpabilizada ben pode ser a nosa, os seus debates continuos poderían ser os mesmos aos que nos enfrontar. Chegariamos nós tamén a renunciar á felicidade, ao amor, por sentirnos coma el? O autor consegue que reflexionemos nós tamén sobre cada decisión posible e as consecuencias desta: a deusa Némesis estanos ela tamén analizando, posto que é quen rexe os destinos dos homes e quen actúa contra o inxusto.
Como ben di o meu bo compañeiro lector, Xabi, o personaxe principal de Némesis é tan real, tan humano, que parece que está aí, ao teu carón; que podes botar unhas parrafadas con el e mesmo discutirlle algunhas das súas ideas... Parécese a algúns dos personaxes de Woody Allen, por todos eses conflictos mentais e morais nos que vive; por eses dilemas morais nos que se debate.

9 comentarios:
Se NÉMESIS é tamén a deusa da vinganza, o autor xa está adiantando o final do libro no propio tíduo... (o que non sei se é moi correcto. Hahaha)
Dígoo por aquelo de manter a tensión e a incógnita do final.
Pero bueno, quen son eu para criticar ao meu admirado Philip Roth. ¡Por Deus!
Adiantando??? Pois eu non sabería o final polo título...
No sei se podo ser máis explícito porque desvelaría eu o final... ¿Ti que dis?
Ti cres que vai haber moita xente que lea estes comentarios? Que optimista!
Bueno, pois vou aló: Sabendo que Némesis é a deusa da vinganza, eu toda a novela (bueno, toda non, desde a mitade)estaba esperando unha resolución tráxica para o Sr. Cantor. Un castigo divino.
É nese sentido no que falo de "final anunciado" no tíduo.
Pero esperábalo igual, calquera que fose o título, non? Iso era o que anunciaba o xeito de ser de Cantor.
Pode ser verdade o que dis porque esa sensación de que algo malo vai ocorrer máis pronto ca tarde foi permanente durante a lectura.
Ao principio porque era demasiado perfecto... e logo, porque era un auténtico cenizo...
Vale, para xa, que ao final valo poñer podre, non sei se ao personaxe só, ou ao libro tamén. Non quedaramos en que nos gustou???
¿...?
Publicar un comentario