Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/04/11

O livro da avó


Non ía vir da viaxe sen ningún libro, non? Pois esta delicia é un deles: O livro da avó de Luís Silva, publicado por Edições Afrontamento. Unha historia chea de tenrura e lembranzas: o cariño que só os avós poden proporcionar os netos e a súa ausencia. Un novo libro para falarmos da morte dun ser querido, cunhas fermosísimas ilustracións que enchen a páxina dereita mentres que na esquerda seguimos o texto. Porque cada avó é inmellorábel e necesario. Coma este fermoso álbum.


2 comentarios:

Xabi dixo...

Evidentemente, non coñezo o album. Pero ten moi boa pinta (coma casi todos os que recomendas).
Mais, voume quedar cunha das túas expresións que si me gustaron e chegaron:"cada avó é inmellorabel e necesario". Aí si que estiveches inspirada, querida Ronsel.

Ronsel dixo...

Mira o avoíño: toqueille a febra sensible! É que ti me inspiraches, querido amigo.
Certamente, sobra o "casi" da túa frase, pero pasarémola por alto...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.