Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/04/11

Traballosa publicidade

Xigantesco xilófono montado nos bosques próximos á cidade de Kama, en Kyushu, a máis meridional das tres principais illas que forman Xapón. O instrumento foi construído por Kenjiro Matsuo, de Invisible Designs Lab, para un anuncio dun móbil. A música que se oe é o décimo movemento da Cantata BWV 147 de Bach, executada pola bólas ao caer sen ningunha música artificial engadida, limpando tan só o son para eliminar o ruído ambiental de fondo.
Impresionante, non?

1 comentario:

Xabi dixo...

¿Non teñen nada mellor que facer? Hahaha. Porque mira que debe ser complicado montar semellante artiluxio...
Ah, eu escoito algún son ambiental...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.