Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/04/11

Zapatos na praza



9.133 zapatos rotos nunha praza. Por que? En que praza? Estamos a falar da praza das Armas, en Bogotá. Por que ese número? Un por cada vítima das mina antipersoa que houbo en Colombia dende 1990.


No mundo podemos ter uns 100 millóns de minas deste tipo, esquecidas despois de conflitos como os de Afganistán, Camboia, Irak ou Vietnam. Terreos que non se poden recuperar por esta causa. Crese que unhas 800 persoas sofren a explosión de minas cada día, minas que -por certo- matan civís, non soldados. Unhas dez veces máis.





O Tratado de Otawa entrou en vigor en 1999 para prohibir este tipo de armamento, pero países como Estados Unidos, China, India ou Rusia non o ratificaron. Estraño???

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.