Un título tan grande encerra en si mesmo unha pequena xoia, unha alfaia que combina imaxes coa forza dos versos de Chus Pato, Carlos Negro, Celsiño e Álvaro Negro, autor das fotos tamén. Unha combinación perfecta para un libro que goza dun lugar privilexiado nos andeis: autores de Lalín para gozar, sentir, pasear, reflexionar. Unha obra de arte que reflicte a conspiración destes autores, que crea a palabra exacta rodeada da imaxe axeitada. Unha edición privilexiada e coidada en todos os seus detalles.
«Os textos incluídos no volume xiran arredor dun conxunto de imaxes espidas de calquera rótulo ou indicación que permita identificalas. Son todas elas retallos do cotián, dotados por veces de narratividade. Nelas o autor adopta a mirada do anxo que observa desapercibido entre a xente, representado no mítico filme de Wim Wenders Ceo sobre Berlín.»

Sen comentarios
Publicar un comentario