Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/05/11

Fips no entiende el mundo

Malia que a priori puidese ser un álbum que non me chamase a atención, porque as ilustracións semellan moi infantís, interesoume polo contido: o subtítulo di "Cuando los padres se separan". Un novo xeito de achegar aos máis pequenos a soidade que estes poden sentir cando se produce a separación dos pais. Unha editorial totalmente descoñecida para min, Zendrera Zariquiey, Fips no entiende el mundo é de Jeanette Randerath con ilustracións de Imke Sönnichsen. Unha historia de cans moi humanos onde o relato serve para contemplar todos os sentimentos que un neno pode chegar a sentir, pois non só de soidade podemos falar; aí está a frustración, a rabia, a tristura, a culpabilidade, a impotencia, o medo, e as dúbidas constantes sobre a nova situación que se está a vivir.


El viejo Bruno estaba sentado delante de su caseta y observaba todo lo que sucedía a su alrededor. Conocía a todos los perros que vivían en la calle. «Qué distintos son todos», pensaba Bruno. Había perros grandes y pequeños, gordos y flacos, jóvenes y viejos. Podía ver de qué humor estaban con sólo fijarse en la punta de la nariz. Si estaban contentos y felices, o si estaban tristes.


7 comentarios:

Cris dixo...

Encántanme as ilustracións, os canciños son moi bonitos! O libro ten moita razón porque os nenos tenden a sentirse culpables de todo o que pasa ao seu arredor.

Noemí dixo...

Pobre Flips el non tiña culpa ningunha do que facían os seus pais. Que peniña me dá.

brais dixo...

este libro conta moi ben a separación pero é moi triste

ivan dixo...

este é un bo conto para explicarlle aos nenos pequenos a separación dos pais

yoli dixo...

As ilustracións están moi ben, son moi riquiñas...O libro explica moi ben o da separación e que os nenos se sentan culpables..

rafa dixo...

este libro estivo ben porque o can topou a alguén coma el

martin dixo...

Este é o típico libro que trata de facerlle ver os rapaces que cando os seus pais se separan non é culpa deles e non teñen que sentirse culpables

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.