El Jinete Azul estase a converter nunha editorial de referencia á que debemos de estarmos atent@s en todo momento para gozar do álbum ilustrado con mensaxe. Por que con mensaxe? Porque agasállannos con eses álbums que prefiro: aqueles que podemos afirmar que non son estritamente infantís. Hoxe chego ata aquí con La partida del soldado, un pequeno álbum con texto de Javier de Isusi e as delicadas ilustracións de Leticia Ruifernández.
Este libro fálanos dunha difícil situación: que debe facer un home ante a chamada á guerra? Acudir ou quedar coa familia e o fogar? É quen de tomar unha decisión sensata? É posíbel ser a mesma persoa despois de calquera decisión: ir á guerra e logo vivir coma se tal cousa ou non acudir e vivir dentro da covardía? Que importancia ten o cotián na vida dun home?
As ilustracións enchen o libro, son máis importantes que a palabra, posto que hai moitas páxinas esenciais coa ausencia desta. E son as ilustracións as que nos guían polo fío da historia, as que comezan e rematan.
Un álbum fermosísimo.

4 comentarios:
este conto foi moi triste pero gustoume
Este libro non me gustou moito, si que me parece ben o xesto que tivo a muller ao dicirlle que se volvía non ía ser o mesmo de antes.
Este libro gustoume porque te fai pensar e ademais ten unhas ilustracións moi boas
este libro é moi triste pola vida do pobre soldadiño
Publicar un comentario