Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/05/11

Non á violencia contra as mulleres (CCII)



Anuncia Amnistía Internacional un novo logro na loita contra esta lacra: o Consello de Europa vén de adoptar unha nova convención para previr e combater a violencia contra as mulleres e xa son 13 os países que asinaron o texto, entre eles España. O novidoso deste tratado é que establece un marco legal de obrigado cumprimento para os gobernos en canto á prevención, investigación e enxuizamento da violencia contra as mulleres, incluíndo o matrimonio forzoso, a mutilación feminina, o acoso sexual ou a violencia física e psicolóxica.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.