Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/05/11

O paseo de Rosalía


Kalandraka recupera este clásico de 1968: Libro Destacado pola Asociación de Bibliotecarios de América: O paseo de Rosalía de Pat Hutchins. A penas contén texo porque non é necesario, as imaxes teñen a forza necesaria para seguir o relato paso a paso, cunha estrutura circular: o paseo da galiña Rosalía, e o accidentado e humorístico axexo ao que a somete un raposo que a persegue, sen que ela se decate do perigo. Unha pita que cómpre mirar ben, porque éche ben despistada...

A galiña Rosalía saíu pasear, atravesou a eira, rodeou a poza...



7 comentarios:

Cris dixo...

Este libro para min non é moi bonito que digamos...jeje

Noemí dixo...

É un libro simpático. De menuda que se librou esta galiña si que tivo sorte.

martin dixo...

Este conto é divertido e bastante entretido

brais dixo...

é un libro moi entretido e moi divertido é ten unhas ilustración moi chulas

yoli dixo...

Este conto é moi simpático como a galiña se libraba da morte a cada paso que daba...

ivan dixo...

este conto é moi divertido, que o raposo é moi torpe

rafa dixo...

este libro estivo ben porque a galiña selvouse do raposo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.