Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/05/11

Para facer o retrato dun paxaro


Faktoría K agasállanos cun fermoso libro de Jacques Prévert: Para facer o retrato dun paxaro con ilustracións de Mordicai Gerstein. Un verso que é un xogo, a mestura da fantasía e a realidade, o proceso de creación dun cadro, o surrealismo en estado puro que mestura arte, poesía e música, ao mesmo tempo que nos fala de liberdade e ensoñacións. Leo aquí a seguinte información:
En 1943, Jacques Prèvert escribiu este poema dedicado a Elsa Henríquez para unha das súas exposicións. Foi ilustrado por primeira vez en 1953 con 23 debuxos desta artista.

Pintar primeiro unha gaiola
cunha porta aberta.
Despois pintar algo agradable,
algo sinxelo,
algo fermoso,
algo útil para o paxaro.
Logo apoiar o lenzo contra unha árbore nun xardín,
ou nun parque,
ou nun bosque.
Agocharse tras dá árbore
Sen dicir nada,
sen se mover. (…)
Se o paxaro non canta é mala sinal,
sinal de que o cadro é malo. (…)

1 comentario:

Anónimo dixo...

Si que ten boa pinta!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.