Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/05/11

Salvar libros


SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?


Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Maio 2011


Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí e algunhas das interesantes cousas que fai aquí e tamén aquí….

Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade


salvandogrande

1 5
3 2


4

.
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos. Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.

Esta é a escolma de libros que representa aos centros de Educación Infantil:
.









Esta é a escolma de libros que representa aos centros de Educación Primaria:
.







.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Secundaria:
.








.


ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:




ESCOLA UNITARIA DE VIDE

Moitas grazas a todos eles: Jaime, Charo, Sabela e Mª Dolores.
SEN VÓS NON SERÍA POSIBLE!!!


4 comentarios:

Unknown dixo...

Para o IES Luis Seoane: Circe ou o pracer do azul é de Begoña Caamaño, non de Ana Romaní.

Ronsel dixo...

Xa vira o erro. Un gran libro que eu tamén salvaría! Grazas

Montse dixo...

Me ha parecido una propuesta interesante y bonita.

Espero que mi memoria sea capaz de recordarla para un próximo curso.

Ya veremos! ;-)

Ronsel dixo...

Te puedo mandar el material por correo si lo quieres, querida amiga

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.