O pasado 4 de xuño asistimos ao acto que promoveu a CGENDL para conmemorar os vinte anos dos Equipos de Normalización Lingüística; un acto que tiña como fin último, asemade, homenaxear a Agustín Fernández Paz. Non puiden presencialo enteiro por razóns persoais, polo que a tecnoloxía socorreume para poder aplaudir a posteriori. Por emocionante, traio o discurso de Agustín para o blogue, como un xeito de permanencia e de testemuño:
E o vídeo que a CGENDL preparou (tamén estamos nós!!!):
Aquí podedes ver todos os vídeos, as fotos... Se non puidestes asistir, paga a pena.
A miña homenaxe particular e agradecemento a Agustín:
Cando principiei neste mundo dos blogues, cando aínda non tiña nin moi claro para que servían, cando era ben pequena a compañía, recibín no que daquela era o noso blogue, o blogue da biblioteca do centro no que estabamos, un correo electrónico de Agustín Fernández Paz. Nel aplaudía o noso quefacer e brindábase a vir ao noso centro. O pulo que nos deu coas súas palabras...!!!
As circunstancias cambiaron e Anxo e eu viñemos para esta nosa casa, unha casa que fomos cimentando a base de esforzo. Tamén Agustín -sen el saber que estaba a falar coa mesma xente- animounos no proxecto. Cando o curso pasado me puxen en contacto con el para lle pedir realizarmos unha videoconferencia co club de lectura, as súas palabras de alento foron tan inmensas que xamais as esquecerei: "Teño de cabeceira moi poucos blogues; Trafegando é un deles". Estas sinxelas palabras enchéronme de orgullo.
O meu agradecemento máis sincero para este home que sen nunca mirarme soubo apoiarme no meu labor cotiá. A súa xenerosidade e bonhomía non ten parangón.

Sen comentarios
Publicar un comentario