Creo que merecía un chute de novela negra despois de ler os 46 presentados ao Premio Merlín, non si? Así que para "desengancharme" (ou para tomar forzas para este mes de xuño) nada mellor que o IV Premio Internacional de Novela Negra RBA: Alta tensión de Harlan Coben. Hai autores cos que sabes que sempre vas acertar. E Harlan Coben é un valor seguro.
Non é a típica novela negra que comeza cun asasinato que hai que resolver. O autor de Alta tensión vai máis alá no seu xeito de atrapar o lector: a tensión vai en aumento a medida que avanzamos nas páxinas e non temos que resolver ningún asasinato. O protagonista Myron Bolitar non é un detective nin un policía: é un axente de grandes estrelas que traballa en corpo e alma para protexelas. Pero nesta novela hai aínda algo máis importante: a familia. Por iso a trama vólvese case intimista en moitos momentos: a familia é primordial e hai que axudala sempre.
A novela, trepidante, non deixa un páxina ao voo. Todo está enxeñosa e milimetricamente unido con frases maxistrais sobre a vida: a confusión do lector semella non ter fin, aínda que si o terá, cando todo vaia encaixando a medida que a investigación avanza.
Aínda que esta novela é a décima protagonizada por Myron, non vos preocupedes: é totalmente independente e non cómpre ler ningunha outra anterior para coñecer a este protagonista e os seus socios: cada cal máis interesante e especial.
Xa sabedes, se vos gusta a novela negra, lembrade este autor. Palabra!

Sen comentarios
Publicar un comentario