Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

27/06/11

Apoio ás activistas galegas na II flotilla da liberdade

Dende o correo:

Diversos colectivos galegos (Cosal-Costa da Morte, Esculca, FugaEmRede, Buserana, Liga Estudantil, Altermundo, Pallasos en Rebeldía, CIG, STEG, CNT, Rede Feminista, etc…) e persoas a título individual levamos preto dun ano traballando na Campaña BDS-Galiza. Campaña global que, como mostran as súas siglas, fomenta o Boicote, os Desinvestimentos e as Sancións á por parte da sociedade civil organizada, desde a Galiza ao resto do planeta.

O noso traballo ao longo deste ano foi moi diverso, mais actualmente temos centrados os nosos esforzos nos seguintes obxectivos:

  1. A fábrica de armas da Coruña: solicitamos que se desmantele a industria da morte no noso territorio e moi en concreto que se cancelen as relacións de General Dynamics coa industria militar israelita. Non queremos unha fábrica que obtén cartos en troca da morte de seres humanos. De forma paralela e conxunta reclamamos que as persoas que traballan na fábrica non perdan os seus postos de traballo. Hai que procurar fórmulas que os garantan (reconversión da actividade industrial, recolocación noutras actividades, etc.).

  2. Acordos entre a USC e a Universidade Ben Gurion: pretendemos que a USC cancele o convenio que asinou en xaneiro de 2010 coa universidade Ben Gurión, institución “orgullosamente sionista” que mantén estreitos vínculos co exército israelita e persegue calquer tipo de disidencia, nomeadamente a expresión de apoio e defensa dos direitos do pobo palestino.

  3. Cosméticos do Mar Morto: traballamos por conseguir que empresas que venden en territorio galego cosméticos elaborados con lodos do Mar Morto (Sephora, p.ex.), usurpados a poboación , deixen de os comercializar.

  4. Campaña Rumbo a : apoiamos a iniciativa estatal, que se suma á coalición internacional de uns 15 barcos de 50 estados de todo o mundo, á que aportamos a 5 activistas dos distintos colectivos que traballan na Campaña BDS-Galiza e que viaxarán, en representación galega, na II Flotilla da Liberdade.

Esperamos recibir a túa adhesión á Campaña BDS-Galiza e ás accións (actuais e futuras) a través do blogue do colectivo: http://bds-galiza.org. Tamén podes deixar unha mensaxe no correo electrónico info@bds-galiza.org. Tamén podes asinar en apoio á flotilla en http://saramaganta.info/sinaturas_flotilla

Ademais, continuamos recollendo doazóns económicas para facer fronte ao traballo que levamos a cabo: tanto a difusión da campaña, os materiais e a organización de actos como a propia campaña Rumbo a Gaza teñen custos económicos elevados.

Se tamén neste sentido queres pór o teu grao de area, podes facer unha doazón no seguinte número de conta:

Entidade Triodos Bank
Número de conta: 1491 0001 26 2008108413


Mentres, Israel advirte que vai interceptar a Segunda Flotilla da Liberdade.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.