Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/06/11

Cuentos pulga



II Premio Nacional de Ilustración no ano 2007, Cuentos pulga de Riki Blanco é deses álbums-xoia que algunhas editoriais teñen a ben nos ofrecer. Neste caso é Thule a encargada de facelo. Cuentos pulga é iso: unha preciosa selección de microrrelatos unidos por un circo moi especial e os personaxes-traballadores que se encargan cada día de que esta maxia chegue ao público. Pero non todo son luces: cada relatos levaranos ás preocupacións, amores e desamores de cada un das persoas que imos coñecer.
Se os relatos son fantásticos... que dicir das ilustracións? Axéitanse perfectamente a cada microrrelato con todo o absurdo que este nos quere ofrecer. Mesmo a tipografía está en función do texto: todo un conxunto impresionante para un álbum que debemos follear de cando en vez.



1 comentario:

Anónimo dixo...

Outra descuberta! sigue sigue, non pares...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.