Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/06/11

¿Dónde está güelita Queta?


A editorial Destino tráenos este álbum ilustrado, gañador do Premio Destino Infantil no 2010, para falar da morte: ¿Dónde está güelita Queta?; os autores son Nahir Gutiérrez e Álex Omist. Xa temos falado doutros álbums que tentan achegar este delicado tema aos máis pequen@s. Neste caso a perda á que se enfronta o neno é a da avoa, unha avoa que segue a estar aí porque sempre que se pense nela estará connosco. Con moita tenrura e con ilustracións sinxelas conséguese comunicar a perda dun ser querido como algo natural que non debe ateigarnos de tristura posto que o máis importante é levar esa perda dentro dun.


8 comentarios:

yoli dixo...

Gustoume este libro porque esplícalle moi ben ós nenos pequenos a morte

cris dixo...

Este libro gustoume, e paréceme moi orixinal a forma que teñen para explicar a morte da avoa do neno.

carmen dixo...

este libro conta como explicarlle a un neno que a súa avoíña morreu

martin dixo...

este libro trata de explicarlle a un neno que a súa avoa morreu.Non me gustou

brais dixo...

este non me gustou porque é moi triste e non me gustou a forma de contalo

ivan dixo...

este conto pareceume moi triste pola morte da súa avoa

rafa dixo...

é moi triste porque lle estaban a explicar ao neno a morte da sua avoa

Noemí dixo...

Este libro non me gustou moito, pero creo que está ben que fagan libros para explicarlles aos rapaces cando morre alguén.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.