David Rubín consegue sorprendernos totalmente con este cómic publicado por Astiberri: El héroe. Recoñezo que non é o tipo de lecturas que máis me gustan, pero recoñezo tamén a miña perplexidade ante o tipo de obra que nos situamos: paréceme impactante polo tema, polos debuxos, pola cor, polo tratamento... é un conxunto alucinante, creo. Porque retomar un tema tan utilizado como pode ser un mito, o de Heracles, e convertelo nun superheroe animado coma se fose Spiderman coido que non debe ser moi doado. Nin doado pode ser engadir unha certa reflexión filosófica sobre os medios de comunicación na sociedade actual, a convivencia de heroes con humanos, a envexa, a bondade... temas universais que sempre están a carón nosa, pero baixo unha gran explosión de cor que nos deixa atónitos acompañada dunha moi coidada edición que encantará aos apaixoados deste tipo de lecturas.
Coñecer a David Rubín o curso pasado na súa visita ao centro onde eu impartía aulas, no IES nº 1 d' O Carballiño foi un pracer; un pracer é comprobar como este autor estase a converter nun dos grandes entre os grandes.
Sen comentarios
Publicar un comentario