El refugio de la memoria de Tony Judt é unha lección de vida, ou mellor é unha lección de morte que publica a editorial Taurus. Un libro que me recomendaran por activa (grazas, Xabi) e por pasiva e que polas especiais circunstancias laborais destes últimos tempos tiven que postergar até o de agora. E pagou a pena a espera!
O comezo é impresionante en todos os sentidos, e só achega unha mínima parte do que pode sentir alguén na súa situación. Como non conmovernos ante unha enfermidade que te devora día a día, paulatinamente, sen pausa? Pero é que o resto do libro, as memorias deste intelectual de primeira fila, deixan o lector sen alento. Non, non é unha novela. E? Resulta mellor que calquera novela que poidamos ter a man. É un repaso á historia persoal pero tamén á historia colectiva occidental da segunda metade do século XX. Un libro imprescindible para pensar ou repensar a historia, a pasada, pero tamén a futura. Porque Tony Judt sabe poñer todos os puntos sobre os is, sabe darlles nomes e sabe criticar aqueles estados e institucións que, aínda cabendo a posibilidade de seren achegados, cómpre criticar pola súa ideoloxía. Un libro que tod@s deberiamos ler. Sen concesións á obrigatoriedade. Porque a memoria é o refuxo do moribundo para sentir, amar, e vivir.

“La ventaja de mi profesión es que tienes una historia en la que puedes insertar el ejemplo, el detalle, la ilustración”,
Sen comentarios
Publicar un comentario