Si, ledes ben. Estamos ante un libro que pode ser parvo, poeticamente falando, claro. Porque xa vos teño dito moitas veces que a poesía está en todas partes, ata na estupidez. CAndo menos é o primeiro que podemos pensar cando lemos o título deste delicios libro publicado pola Faktoría K de libros e que foi Premio de Poesía para nenos Cidade de Orihuela no 2010. Os versos son de Beatriz Giménez de Ory e as ilustracións de Paloma Valdivia, e o libro é un constante xogo poético que vos vai encantar polo constante xogo poético ao que asistimos, divertidos, e onde a maxia poética alcanza a versos circulares e cadrados que consentirán que o lector lle dea voltas e máis voltas ao propio libro para lelos totalmente. Poesía e xogo combínanse neste fermoso libro que pode chegar a ser máis parvo se non hai quen o lea... coma os humanos!
Tengo cincuenta ojos,
digo... cincuenta hijos,
digo... cincuenta ¡hojas!,
Soy de timón y lima,
digo... de toma y muela,
digo... ¡de tomo y lomo!
Soy libre, digo... Libra, digo... ¡libro!
Soy un libro, sí, sí.
Tengo cincuenta ojos,
digo... cincuenta hijos,
digo... cincuenta ¡hojas!,
Soy de timón y lima,
digo... de toma y muela,
digo... ¡de tomo y lomo!
Soy libre, digo... Libra, digo... ¡libro!
Soy un libro, sí, sí.
Sen comentarios
Publicar un comentario