Está tan ben que copio e pego. Grazas, amigo Cibrán.
Se un é capaz de admitir que é máis solidario pagar os libros de texto que distribuílos gratuitamente.
Cando se asume que ao incrementar o número de alumnos por aula tamén se aumenta a atención aos mesmos. Claro que cando aumentamos a ratio alumno/profesor as actuais aulas de informática poden ficar inservibles por estaren dotadas para grupos máis reducidos. De aí que a eliminación de prazas de profesores tamén se traduza nunha aposta decidida da consellería polas novas tecnoloxías.
Cando recibimos con satisfacción a redución do soldo dos docentes nun 7% porque admitimos que iso vai mellorar a calidade educativa ou se pensamos que aumentando por decreto as súas funcións e a súa carga lectiva os nosos fillos van estar mellor atendidos pois na redución de plantillas está o fundamento da atención á diversidade. Así tamén consideramos funesta a actitude duns sindicatos que se negan a dialogar co Conselleiro cando este lles mandou 30 policías de intermediarios.
Se consideramos que a eliminación de prazas de infantil xunto cun enorme detraimento dos seus recursos vai traducirse nunha significativa mellora na atención social e educativa.
Ao mostrarnos razonablemente satisfeitos porque unha redución do 50% nos presupostos da política lingüística vai significar a potenciación do seu fomento.
Ao considerarmos fundamental eliminar a normalización no desenvolvemento da normalización lingüística.
A ninguén lle debe parecer raro que se o Conselleiro de Educación envía á policía a desaloxar aos representantes sindicais iso significque que estes se negan ao diálogo.
Nestas circunstancias é baixo as que debemos entender que a sociedade galega asuma oque o fomento da educación pase polo que podemos ver nesta foto, tirar cos libros de ciencias ao lixo polo terrible delito de estaren escritos en galego. Pois así promocionamos a lingua galega.
Así que menos mal que remata o curso e, podemos, por fin, comezar a traballar.
2 comentarios:
Ben?... Pois estaba facendo a memoria do departamento e isto foi o primeiro que me escribiron as teclas.
E como teño que tomar iso de que etiquetes a cousa como "des-humor"?
Grazas.
Querido Cibrán! Eu pensaba que o de des-humor estaba claro, entre a retranca que te gastas e o humor que temos os docentes con todo o que nos está caendo...
Publicar un comentario