Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/06/11

A nai do heroe


Divertidísimo álbum de Roberto Malo e Fco. Javier Mateos con ilustracións de Marjorie Pourchet, este A nai do heroe publicado por OQO. Porque os verdadeiros heroes son as nais, que están dispostas a calquera fazaña con tal de protexer aos seus fillos, aínda que estes se sintan ridiculizados ou empequenecidos. Un libro que nos fala tamén do poder da palabra sobre as armas, da comprensión e o respecto. E aínda que puideramos agardar unha linguaxe almibarada acorde co tema de reis e cabaleiros, estamos perante unha divertida mamá con carácter e moito, moito humor.

O novo rexente herdou un reino inmenso, con ducados, marquesados, territorios de ultramar… —E que palacio! –dicía a xente. Herdou tamén unha débeda de cen mil moedas de ouro cun perigoso cabaleiro da fronteira: o cabaleiro Negro. Seu pai, o vello rei, sempre tivera as mans furadas (un pillabán, para que nos imos enganar!).
—Estou negro! –protestou o cabaleiro Negro diante do novo rei–. Teu pai debíame cen mil moedas de ouro.
Así que ou pagas ou cobras! –ameazou levantando a súa espada–.


19 comentarios:

Noelia dixo...

Este libro gustoume,porque nos ensina que as nais non queren que nos pase nada.

Martin dixo...

Un conto moi divertido porque a nai sempre estaba protexendo ao "HEROE".

Andrea dixo...

Este é un libro que me gustou porque ensina o valor que teñen as nais e a súa forma de protexer e coidar do seu fillo a pesar de ser un adulto.

Cristina dixo...

Este libro é moi divertido porque narra moi ben o que as nais nos poden molestar pero tamén protexer.

daniel dixo...

gustoume moito o libro,a nai do heroe é moi pesada

GABRIEL dixo...

Un libro moi gracioso aínda que triste ao final,encantoume,un dos mellores.

Roberto dixo...

Foi un libro entretido e divertido xa que a nai acabou sendo a heroína.

Cristina dixo...

Foi un libro moi divertido, ao final a nai salvou ao seu fillo de que o mataran.

Ernesto dixo...

O libro estivo moi entretido sobre todo cando foi matar ao cabaleiro negro.

pili dixo...

Que divertido o libro! gustoume aínda que eu penso que lle falta algo ao final.

Cristian dixo...

Este libro era moi gracioso.Sobre todo na parte do bocata.

Yessica dixo...

Este libro reflicte como son as nais na realidade.Sempre están encima nosa para defendernos.Foi moi gracioso.

Rocío dixo...

Pareceume bastante triste , pero por outro lado non tanto porque a nai puido sobrevivir .

santiago dixo...

o libro foi espctacular e incomparable encantoume.

Almu dixo...

Este libro é moi divertido porque narra moi ben o que as nais nos poden molestar pero tamén protexer.

lino dixo...

este libro é moi bo porque demostranos que as nais queren nos

lucia dixo...

É moi bonito porque fala de como son todas as nais realmente. Sempre protexéndonos.

Xacobe dixo...

este libro ensina o cariño dunha nai

Lexis dixo...

Este libro e moi chulo porque a final a nai pégalle co bolso ao Cabaleiro Negro.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.