Creo que a estas alturas, media Galicia, senón Galicia enteira, ten lido xa este libro de Agustín Fernández Paz, Non hai noite tan longa, publicado por Xerais. Porque falar de Agustín é falar de persoa coherente, entrañable, querida, admirada. E porque cando soubemos da súa última novela todos pensamos en lela. Se me demorei tanto foi por andar metida noutras moitas lerias que me afastaron da que é agora a miña última lectura.
Nada imos dicir do argumento, entón, de sobra coñecido. Si podemos falar de detalles, por tanto, que tan facilmente nos achegaron un sorriso, que nos percorreron por dentro, que nos lembraron esoutra vida que se viviu en España non hai tanto tempo. Podemos incidir no feito de sermos lectores, de levalo nos xens, coma o protagonista da novela. Podemos asegurar que nos encanta que cite títulos que coñecemos, autores que admiramos, gustos que compartimos.
Alguén me comentou que este era un libro sobre a vinganza. Quizais. Pero eu case preferiría resaltar outros aspectos non menos importantes que están, si, intimamente unidos ao anceio de vinganza que procura o libro, pero que considero debo ter presentes por máis esquecidos: a esperanza, a xustiza, o futuro liberador do pasado, o "día" porque Non hai noite tan longa. Porque este é precisamente o resultado final do libro: liberarse do pasado, das pantasmas testemuñas deste, para encarar a vida con enerxía renovada e prolongada. Podemos volver atrás, dar moitas voltas, furgar nas vidas e nos corazóns, pero o que ao final queda é a esperanza da vida que inda queda por vivir. Ao fin e ao cabo, calquera vitoria presente non nos vai dar a felicidade. É esta, convertida en futuro, quen nola volverá.
Non hai noite tan longa non é unha obra mestra -cantas o son?-. Pero lese decontado, cun guión que empurra ao lector a non deixar que o tempo escorregue por mor doutros quefaceres. Consegue Agustín que queiramos seguir avanzando, que a caracterización de lugares e personaxes evidencie unha perfecta fotografía da Galicia rural daqueles anos, que nos enfademos coas inxustizas e que pidamos unha xustiza que quizais sexa inexistente aínda que queiramos crer nela, porque o necesitamos. Consegue, en fin, que calquera lector quede atrapado entre as súas páxinas agardando a que saia a luz do día. E iso é moito conseguir, sen dúbida ningunha.

1 comentario:
Dicía o poeta: "hay un libro que espera miregreso"
E este é un deles
Publicar un comentario