Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/06/11

Non á violencia contra as mulleres (CCVIII)

Liamos hai uns días unha nova que xa nada nos estraña, desgrazadamente:

As tiranías árabes usan a violencia sexual como arma contra a muller

A face de Iman el Obeidi, a muller que en marzo entrou nun hoter cheo de xornalistas en Trípoli denunciando ter sido violada por 15 soldados de Gadafi será unha das imaxes que se lembrará da revolución en Libia.
Esta muller é un exemplo de como a violencia arremete contra as mulleres opositoras, máis vulnerables ante armas de represión como a violencia sexual. Reximes como o de Gadafi aproveitan a condición das mulleres nas sociedades árabes (da castidade feminina depende o honor de toda a comunidade) para castigar a quen non sexa afín. Esta muller, El Obeidi foi insultada como "prostituta e borracha" polo réxime; os seus violadores mesmo a denunciaron ante os tribunais.
Semella que están a investigar, pero pode haber moitas vítimas semellantes.
Lede todo aquí.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.