Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/06/11

Pilú Pilú!


Susanna Isern e Katharina Sieg son as artífices deste álbum publicado por OQO, Pilú Pilú!. Un libro que nos fala desa historia que tod@s coñecemos duns paxariños amigos dos crocodilos que lles escarvan os dentes, limpándollelos e alimentándose eles, ademais de avisalos de calquera perigo co seu "pilú" cantado. Unha bonita historia que nos ofrece a natureza e que serve á autora para indagar na posible orixe desta curiosa relación animal. As ilustracións dan vida a esta selva tan especial, onde o valor da amizade e o feito de non se fiar das aparencias son os valores que máis destacan.

O crocodilo abriu a boca, chea de dentes enormes e afiados, e o paxariño comezou a voar…
—Para! –soprou o vento.
—Non sigas! –saltou o canguro.
—Frea! –chapuzou o lago.
—É unha tolería! –exclamou o coala.
—Cabeza tola! –picouno a avestruz.
—Nooonnn…! –berraron todos.


8 comentarios:

Cris dixo...

Este libro está simpático! O libro non estivo mal.

carmen dixo...

Este conto foi o máis divertido desta avaliación

rafa dixo...

este libro asombroume porque non sabía que fora certo o do paxaro

vanesa dixo...

Este libro estivo bastante ben e entretido.

martin dixo...

Este libro pareceume entretido e simpático e gustoume moito a asociación entre o crocodilo e o paxaro

ivan dixo...

este libro pareceume algo estraño por limparlle os dentes ao crocodilo

Noemí dixo...

Este libro ben, foi bastante gracioso; é incrible que haxa paxariños que se metan na boca dun crocodilo para limparlle os dentes.

brais dixo...

este libro é moi divertido e ten unhas ilustracións moi chulas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.