Un xa clásico da nosa literatura que non lin no seu momento polo que soluciono o erro: Antón e os inocentes de Méndez Ferrín está publicado por Sotelo Blanco.
Unha novela de iniciación a dúas voces, dous mozos que maduran cos acontecementos que deben vivir e polas circunstancias familiares tan diferentes e tan próximas que lles veñen dadas: a soidade, a inxustiza social, o amor... nun Vigo omnipresente de finais dos anos 50 (Vigo, case personaxe). Unha gran obra feita con rupturas temporais que manteñen esperto o lector, ávido por saber máis das historias actuais pero tamén das pasadas, tecendo arredor dos dous personaxes principais un espello da historia recente e a perda da inocencia cara á madurez do presente e o amor que une como fío condutor e argumental. Unha novela sempre actual que non debemos esquecer.

Sen comentarios
Publicar un comentario