Hai moito tempo que quería ler este cómic, Aya de Yopougon de Marguerite Abouet e Clément Oubrerie, publicado por Norma. Agora toca agardar polos seguintes, claro (nada menos ca 6!. Unha historia africana que podería situarse en calquera lugar de Occidente, unha historia cotiá, de mozas e mozos, chea de tenrura e humor, afastada de xenocidios, fames e guerras, que é o que os nosos pensamentos nos traducen ao pronunciar "África", polo que o cómic vai máis alá da súa propia historia. Porque as ganas de divertirse, de medrar, de vivir, da xuventude é a mesma en calquera lugar do mundo, e aquí está este libro para demostralo.
Non sei como será o resto da serie, pero este creo que é máis que recomendable. Os personaxes son moi interesantes, tanto os principais como os secundarios, e os debuxos, boísimos, cheos de calidez e amabilidade.

1 comentario:
Moito se che da polo cómic ultimamente. Benvido sexa!por certo
Publicar un comentario