Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/07/11

El día de mañana

En dúas palabras: Im-presionante.

En serio, unha das mellores novelas que lin ultimamente. Ignacio Martínez de Pisón consegue en El día de mañana, publicada por Seix Barral, unha novela coral nitidamente redonda que atrapa o lector dende o comezo e sente que a lectura chegue ao seu fin.
Non é doado que unha novela coral obteña este resultado máxico, onde o trazado e o cruce de estradas está tan ben logrado que cada personaxe que conta a súa parte (unha ducia deles) é importante e interesante por si só. Pero resulta que ata os máis secundarios teñen o seu aquel. O lector bebe avidamente cada palabra, evoca cada imaxe, sente cada dor, cada puñada, cada amor. A narración envólveo e consegue que sexamos cada un dos homes e mulleres que pasan por esa Barcelona da Transición. Humor, Historia, Documentación, Pluralidade, Degradación, Introspección... ata Palíndromos están presentes nesta novela ben documentada que nos engade un anaco de historia recente.
É por tanto El día de mañana unha novela ben fiada, fluída, onde a complexidade dos seres humanos, a evolución destes, a sorte, o amor, absolutamente todo queda ben compactado facendo que a súa lectura convirta as nosas horas en escasos minutos de felicidade.

O querido amigo-lector Xabier xa me enviou hai uns días a súa tamén boa impresión deste libro:
Agora estou cunha "novela coral", onde o protagonismo repártese entre moitos personaxes. Neste caso son unha ducia. Aínda que o protagonista real mantense na sombra e non aparece directamente no relato.
Son doce personaxes, doce coralistas, interpretando un tema común: a vida dese protagonista fantasmal...
Cada un deles aporta, coma nun bo coro, o seu particular grao de area, a súa persoal voz pero a obra, a pesares de tanta polifonía, soa coma un único relato.
O narrador consegue que a peza non nos pareza un pastiche senón que a recibamos e entendamos coma unha obra unitaria.
Imaxino ao autor sentíndose coma un compositor ou un director coral, pendente de dar todas as "entradas" a cada cantor no seu preciso momento...

6 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola :

Me llamo Roxana Quinteros soy administradora de un sitio web. Tengo que decir que me ha gustado su página y le felicito por hacer un buen trabajo. Por ello me encantaria contar con tu sitio en mi directorio, consiguiendo que mis visitantes entren tambien en su web.

Si estas de acuerdo hazmelo saber enviando un mail a roxana.quinteros@hotmail.com
Roxana Quinteros

Xabi dixo...

¿Como definirías ese peculiar estilo de presentar cada personaxe, utilizando a coletilla "dice fulano", despois de ter iniciado unha frase? Resultoume do máis orixinal, sorprendente e áxil.
(Por falar só dun elemento formal)

Ronsel dixo...

Non sei, o que si está claro é que lle dá un gran resultado, ademais a repetición, que podería ser noutros contextos, cansina, aquí non é nunca. Unha marabilla

Xabi dixo...

Unha gran historia. Sempre me asombran os escritores cando son capaces de construir estas historias tan complexas... ¡Que cabeza! que diría un paisano.

Ronsel dixo...

A historia é boísima, pero o xeito de contala non sei se o será máis. Estamos sen dúbida ante un gran escritor.

Ronsel dixo...

Roxana, estaremos encantados de que nos enlaces en tu directorio, muchas gracias.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.