Escríbeme Estefanía Rey, unha das miñas nenas de 4º de ESO de Forcarei, e faino sobre todo para recomendar este libro. Hai tempo que non gozabamos dunha recomendación tan entusiasta:
Despois destas dúas semanas de "relax" por fin acabei o libro que me deches o día da entrega de notas: "La invención de Hugo Cabret" de Brian Selznick publicado por SM.
Creo que ata agora foi o exemplar que lin en menos tempo e que polo contrario tiña máis páxinas. O libro é impresionante, a forma de contar a historia e intercalar imaxes pareceume moi orixinal e moi creativa. Tamén me gustou o final do libro e ese punto de intriga que lle deu o autor para que lograra espertar en min unha curiosidade que nunca antes acadara ao ler un libro. A historia que conta sobre Hugo pareceume moi triste e non lle desexaría a ninguén a vida que tivo ese pobre rapaz, as penurias que sufriu e como pouco a pouco e con moita astucia e intelixencia superou esas dificultades.
Ata agora ningún libro que me recomendou ler Gracia me pareceu malo nin aburrido e estou moi contenta de ter lido este en particular.
Este libro ata me causou adicción, un exemplo foi que unha das noites que me quedei a lelo tiven que parar porque eras as dúas e media da mañá e non eran horas para estar lendo!!!
En conclusión, recoméndolle a todos os lectores aos que lle gusten as historias que enganchen a que lean este libro porque é precioso.

Sen comentarios
Publicar un comentario