Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/07/11

La mala gente


Edita Ponent Mon La mala gente. Una historia de militantes de Étienne Davodeau. O autor conta a vida dos seus pais dende o punto de vista da historia da súa militancia sindicalista, unha historia de honestidade e dignidade, tanto persoal como colectiva. Chama a atención, ademais da historia, o trazado do debuxo, todo en branco e negro, con moito texto e moito diálogo, con debuxos moi expresivos e expresións moi ben caracterizadas e definidas. Tamén é un acerto, ou algo novidoso, que o propio autor estea presente, pedindo información aos pais e dialogando con eles, asesorándose sobre o que si e o que non debe estar presente no cómic.
A edición coida de todos os detalles, dándonos informacións precisas sobre siglas e lugares para que nos situemos e entendamos correctamente a narración.
Un bo cómic.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.