RBA na súa fantástica colección Serie Negra acaba de publicar o que vén sendo o primeiro caso do inspector John Rebus de Ian Rankin, Nudos y cruces. Dáme que as seguintes son moito mellores, posto que esta novela foi escrita en 1987, e segundo din ten algunhas que son extraordinarias. Apunta maneiras, dende logo, nesta. Queda a curiosidade de ler máis casos deste detective, de saber pola súa evolución psicolóxica, de coñecer cal será a súa traxectoria profesional e persoal nas novelas posteriores. Seguirá a ser un bebedor atormentado polo pasado? Conseguirá superar as pantasmas? Deixará de ser un fracasado? Continuará o amor que nesta novela se inicia?
É o malo -e o bo- destas series de detectives: un queda en débeda coa lectura seguinte porque aínda que son independentes, hai fíos conectores que axudan a entender mellor a evolución do personaxe e comprender a súa propia idiosincrasia.
Destaca a referencia a Crimen y castigo e o paseo que nos damos por Edimburgo, cidade na que se desenvolve a acción. Para lembrar, unha vez máis, que hai moi boa novela negra en Europa "do sur", que non todo son nórdicos.
De momento, sigo quedando con Connolly e o seu inspector Charles Parker. Pero no meu corazón caben moitos detectives...
É o malo -e o bo- destas series de detectives: un queda en débeda coa lectura seguinte porque aínda que son independentes, hai fíos conectores que axudan a entender mellor a evolución do personaxe e comprender a súa propia idiosincrasia.
Destaca a referencia a Crimen y castigo e o paseo que nos damos por Edimburgo, cidade na que se desenvolve a acción. Para lembrar, unha vez máis, que hai moi boa novela negra en Europa "do sur", que non todo son nórdicos.
De momento, sigo quedando con Connolly e o seu inspector Charles Parker. Pero no meu corazón caben moitos detectives...
12 comentarios:
¡Ola Connolliana! (¿ou habería que dicir Parkiana?).
Estou desexando irme á praia para enfrascarme nas lecturas detectivescas por ti recomendadas.
Vouche confesar algo que, a ben segura, hache gustar: gústame moito o cinema pero hai xa tempo que non encontro unha peli que me "enganche" tanto como a última de Connolly. ¡Esa si que foi unha boa película!
Claro que gosto das túas palabras! Emociónome. E iso que empezaches pola última! Déixate envolver por Connolly e verás que ben o pasas.
E si, por certo, ultimamente tampouco topo grandes pelis.
Moitas grazas, e coidadiño co sol...
É que se es tan esixente co cine coma coa narrativa... vai ser difícl que encontres algo que che guste...(estou pensando na túa crítica de "La delicadeza"...hahaha)
Que ruín es!!! E a ti, gustouche?
Chamoume a atención que ti tamén pensaras no ourizo... ¿ou será porque o cita no texto?
Mira, eu non che son "profe especialista en literatura", só un pobre afeccionado; xa que logo, non son tan exquisito
Vale, estás a me chamar exquisita. Eu tamén son unha afeccionada, que conste. Pero o máis grandioso da literatura, e da lectura, é diferir nos gustos, non? Pensei no ourizo porque semella que en Francia gostan dos contos de fadas... será para esquecer o presidente que teñen.
¿Quedarei coma un cursi se digo que me gustou; que o leín con agrado; que me atraía esa mestura de ternura, humor, sorpresas e ... delicadeza...?
Nooooooooooon. A min tamén me gustou, nun principio. Logo xa me pareceu demasiado. Que non creo que esteamos tan lonxe!!!
Dame a impresión de que preferimos a literatura de fala inglesa... Non Sarkosyanos pero si Isabelinos. ¡Claro, o estilo e tradición dunha monarquía coma a inglesa tira moito...!
Aí está! O meu Xabi e a súa retranca!!!
(É que eu son moi monárquica... moito!!!)
¿Moi que: mona-(r)quica?
¡Que sería de nós sen a retranca...!
Vouche mandar ao correo "particulier" algo sobre a miña derradeira lectura (¿aínda se pode dicir derradeira?) con permiso para utilizalo cando e onde queiras... (así xa non tes que pedirmo)
Publicar un comentario