Este non é un libro: é unha obra de arte en forma de libro. E isto é posible grazas á Faktoría K: a autora é Taeeun Yoo, e vén de nos deixar completamente fascinad@s, tanto pola historia en si como polas ilustracións. Claro que tiña moito camiño adiantado tratándose dun libro sobre libros... pero este é incrible! Unha aventura mesturada de soño e realidade nun mundo libresco, unha sensibilidade oriental que deixa pegada, unha complicidade co lector de calquera idade, unha maxia oriental... todo mesturado e velaí a obra artística da que vos falo: O peixe vermello. Non permitades que se vos escape: apresádeo ben forte e tédeo nos vosos andeis, porque sentiredes a necesidade de tocalo de cando en vez. De abrilo xa non digo nada: dáse por feito.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
26/07/11
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
3 comentarios:
Ademáis este libro temos que tocalo coas mans para apreciar a textura da tea que o envolve
Si, é fermosisísimo
Moitas grazas por esta reseña tan fermosa e polos vosos comentarios tan amables. Feliz verán e felices lecturas.
Publicar un comentario