Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/07/11

Ser quinto


Ser quinto é un álbum ilustrado infantil publicado por Lóguez de Ernst Jandl con ilustracións de Norman Junge. Unha lista de espera para entrar no médico duns monecos enfermiños -pingüín, pato, oso, ra...- que saen sans logo de estar co doutor. Trátase, sobre todo, de perder o medo ao médico que todos on pequerrechos senten. Ilustracións cheas de tenrura e luz con moi pouco texto; o máis destacado son as caras e as posturas dos que agardan a entrar no médico: vese claramente o seu temor e a expectación antes de entrar. As ilustracións están tan ben conseguidas que o lector sabe "entrar" e "saír" á consulta con cada paciente, xa que dá a impresión de que ata luz oscila cos seus movementos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.