Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

18/07/11

Un cuento chino

Un libro cheo de comicidade, que non hilarante, é esta novela de Tilman Rammstedt, Un cuento chino publicado por El Aleph Editores. O libro é en si un canto á imaxinación desbordante que atrapa ao lector dende a primeira páxina. O escenario que enmarca a novela é tan disparatado que un acaba sen saber que hai de certo e que non no que nos conta o protagonista: dende a familia tan irregular, a convivencia, as relacións, o avó diferente (e tanto!)... ata esa viaxe que decide inventar e que acaba sendo un exercicio extraordinario de inventiva sobre un pasado e un presente que non sabemos se pode ser real. Ao mesmo tempo, os escenarios tópicos chineses que describen acaban sendo unha parodia das guías de viaxe: pasar por China sen saír da casa.
Unha novela chea de orixinalidade que non deixa indiferente.

"Que mi abuelo, en el momento en que recibí su penúltima postal, ya estaba muerto, yo no podía saberlo..."

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.