Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/07/11

Un mundo de mamás


Marta Gómez Mato e Carla Nazareth son as artífices deste marabilloso álbum ilustrado publicado por Comanegra: Un mundo de mamás. É precioooooooooooso!!! Todos papeis que as maamás deben -debemos- representar: ser poderosas, ser golosas, ser cálidas, ser toliñas, ser reconfortantes, ser lectoras, ser doces... Aínda que no libro cada unha será dun xeito diferente, o álbum indica claramente que a nosa mamá, a de cada un, é todas e cada unha delas. Todo un catálogo de 25 tipos de mamás que ademais contén un mapamundo -moi interesante- do bolso de mamá (que eu nunca cumprín!!!). As ilustracións son unha auténtica fermosura imaxinativa.
Se mo permitides, voume quedar coa "Mamá chocolate" por aquilo de que é un "medicamento indispensable" e coa "Mamá Caperucita" que vai "visitar bibliotecas y librerías y las recorre como si fuesen un bosque familiar. No teme al lobo, sino a la falta de tiempo libre y a no tener la oportunidad de leer un rato, un ratito, cada día!. A que é unha preciosidade???


2 comentarios:

Anónimo dixo...

Si señora a pinta é de ser toda unha preciosidade e unha das moitas ocurrencias que van a parar ós albums ilustrados, ese descubrimento de arte-cultura-tenrrura que nos presentas cada semana.

Ronsel dixo...

EStou segura: vaiche encantar.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.