O libro é tenro e delicioso. Cando comezas as primeiras páxinas, un tende a pensar: outra vez, literatura infantoxuvenil... e ao cabo dunhas poucas páxinas esqueces completamente que en teoría este é un libro para un público máis novo e segues lendo sen parar porque queres saber máis da nova vida desta nena orfa que está a descubrir un mundo novo. Con ela choraremos e sorriremos, emocionarémonos e sufriremos, e cando rematamos o libro -pero xa acabou?- (total, só son 206 páxinas: un salaio) pensaremos que xa temos un novo libro para recomendar e para transmitir a paixón pola lectura nas nosas aulas.
Fermosísimo. Encantaravos, seguro.
Fermosísimo. Encantaravos, seguro.




1 comentario:
que boa pinta ten!
Publicar un comentario