Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

23/08/11

Bibi y las bailarinas



Monique de Varennes é autora deste fermoso álbum incriblemente ilustrado por Ana Juan, publicado por Alfaguara: Bibi y las bailarinas é o relato da soidade extrema, da felicidade que non é proporcionada por cartos, da necesidade de amizade. E sobre todo de que aquilo que damos énos devolto en grandes cantidades, cando o que se fai, se fai dende o corazón. Polo que o álbum é unha viaxe ilustrada que parte dende o egoísmo ata a xenerosidade, dende a opulencia ao verdadeiro valor.


Non me estraña que Ana Juan sexa Premio Nacional de Ilustración 2010, a xulgar por este libro...

8 comentarios:

Rafa dixo...

que non fai falta ter dúas cousas de todo para ter a felicidade

Yoli dixo...

Este libro gustoume porque ten un valor importante a amizade e ademais o diñeiro non dá a felicidade pero unha boa aamizade si...

carmen dixo...

este libro é precioso: trata da importancia da amizade porque a pesar de todo o diñeiro do mundo necesitas unha persoa en quen confiar

Vanesa dixo...

pareceume moi bonito e entretido, ademais vese reflectido o valor da amizade.

Noemí dixo...

Este libro pareceume moi bonito, porque a muller dáse conta de que o que importa é a amizade que ten coas rapazas.

Cristina dixo...

Este libro gústoume, pareceume orixinal que as nenas de xoguete no finalse convertiran en nenas de verdade.

ivan dixo...

este foi un bo conto...a min gustoume bastante o seu tema

martín dixo...

Este libro narra unha historia onde unha muller moi rica e fachendosa non descubre a felicidade ata que descobre o cariño que lle proporcionan dúas bonecas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.