Premio Nadal 2011, Donde nadie te encuentre de Alicia Giménez Bartlett, publicado por Destino, levoume, casualmente, por terras que coñecín hai unhas semanas, sobre todo o fermoso lugar de Norella.
Unha moi interesante novela sobre o mundo dos maquis, ben documentada, que nos achega a vida da moi famosa Pastora. Terribles momentos, terribles vidas, terrible desolación a dun país que vive ferido despois dunha guerra civil, a máis cruenta de todas as guerras, esa que enfronta irmáns e que tira o peor dos seres humanos.
O libro leva o lector da man polas zonas máis rurais de Castelló, pero asemade realiza un estudo psicolóxico dos personaxes, das feridas sen cicatrizar, da amizade e do desterro dos idealismos. Nada é o que parece e todos temos un prezo, por moito que custe admitilo. Porque o terror, o medo, e as ganas de vivir son independentes. Porque nunca saberemos quen somos se non temos que vivir en situacións estremas. Cinismo e indignación van da man, cada un cun personaxe detrás; eses que son os inventados pola autora, posto que a vida de Florencio, ou de Teresa, foi real, e resultaranos máis que interesante. Sendo como é a metada do libro que temos nas mans.
É un libro doado de ler, absorbente, atractivo. Un libro que trata con tenrura e sensibilidade a persoas desfavorecidas pero que, por riba de todo, tenta ser xusto con todas as miserias do ser humano, porque precisamente o feito de ser humano implica todo tipo de reaccións, de baixezas morais pero tamén de grandezas. Un libro de contrarios que acaban achegándose. Unha novela de acción e reflexión.

2 comentarios:
Vaia, pois teño na estantería agardando para ler, así que xa me animas a meterme con el. Iso si, despois de rematar cunha xoiña que me prestaron chamada "el ovido que sermos"
Despois desa xoia ningún libro será bo...
Publicar un comentario