Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/08/11

El camino del cole


Volve Alfaguara a contar cun escritor español de renome para "Mi primer", neste caso é Eduardo Mendoza quen fai a incursión na literatura infantil con El camino del cole, ilustrado por Daniel montero Galán. Un divertido relato sobre o poder da maxinación ante o medo, a soidade e o aburrimento. O humor do autor queda patente nas páxinas deste libro, ben coordinado polas fantásticas ilustracións cheas de cor.

8 comentarios:

Cris dixo...

Non foi un libro que me gustara moito.

yoli dixo...

Este libero non me gustou moito, era unha parvada.

carmen dixo...

Este conto non me gustou, que conto máis raro e acaba dunha maneira espantosa

martin dixo...

Este conto gustoume bastante, cóntanos como unha rapaza lle inventa nomes e personalidades aos seus veciños para que o camiño ata a escola sexa mais divertido

brais dixo...

este libro non me gustou polos diálogos

iván dixo...

Este conto non estivo mal pola imaxinación que tiña a rapaza para converter á xente coa que se atopaba.

rafa dixo...

gustoume este libro porque a rapaza tiña unha gran capacidade pensativa

Noemi dixo...

Este libro non me gustou moito porque non entendín o que quere dicir, é un pouco raro.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.